A todos nos agrada recibir unha compensación en forma de diñeiro polo noso traballo, é dicir, polo esforzo que dedicamos a producir algo máis ou menos recoñecido pola comunidade, privándonos así dun tempo da nosa vida que, doutro xeito, poderíamos encher con actividades pracenteiras. Pero a estas alturas a ninguén se lle escapa que os cartos non representan unha unidade de esforzo, de produtividade ou de talento, senón que simplemente son unha unidade de poder, e nese sentido non revelan tanto unhas causas como unhas consecuencias. Non hai correlación, nin a houbo nunca, entre traballo e beneficio; o único que hai son persoas interesadas en propagar esa ilusión apelando a mostras parciais e raquíticas. A relación que se establece entre traballo e ganancia é arbitraria, practicamente aleatoria, non menos accidental que a saúde que un goza, e pretender que existe como regra xeral é tan absurdo como defender unha conexión entre a intelixencia e o champú.
As probas son tan abundantes como contundentes: a enxeñería financeira, calquera pode constatalo malia á muralla de tecnicismos con que se agocha tradicionalmente o estafador, explota a volatilidade da abstracción que representa o diñeiro para obter un beneficio sen mediación dunha verdadeira actividade produtiva, ás veces en cuestión de minutos, aproveitando o simple manexo de información privilexiada. Meritorio ou non, gañar cartos ten dende vello máis que ver coa retorta estrucia que cun esforzo titánico proxectado cara a adiante: as argucias, as letras pequenas, ese pequeno recuncho do río onde poñemos a rede sen que ninguén se decate. Pero diante dos meirandes defraudadores do público que se gaban dos seus méritos, están infinidade de traballadores doutros países consagrados a un sacrificio moi superior a cambio dunha paga ridícula, condicionados pola fortuna de vivir nun país cunha divisa feble e cunhas condicións laborais medievais. Exemplo perfecto dánolo actualmente a nosa clase política, ateigada dos mesmos vellos viláns que se plasman sen controversia nos libros de historia, emperadores putrefactos e decadentes, superviventes natos, sen escrúpulos, que non teñen reparo en xustificar os seus privilexios coa coartada xa dunha intelixencia ou habilidade superiores, xa de extraordinarias responsabilidades e sufrimentos.
Calquera entende que o sistema capitalista non vai propiciar por si mesmo unhas condicións materiais equitativas, precisamente porque está concibido para o contrario. Pero é que nin sequera exerce remotamente, malia as repetidas falacias dos seus apóstolos ideolóxicos, a que se presume como a principal facultade do liberalismo económico: a xusta valoración do mérito individual e, por extensión, a consecución dunhas condicións materiais máis xustas para o home. A xustiza, entendida como dar a cadaquén o que lle corresponde en función dunha determinada valía, é un obxectivo que, condicionado polos diferentes marcos monetarios e por políticas macroeconómicas ao servizo de intereses parciais, cada vez semella máis acadarse por pura casualidade, en contados lugares e puntuais sectores. Isto, nunha perspectiva global inclusiva de todos os individuos, simplemente demostra que un sistema baseado nos cartos como unidade de medida dos bens materiais pode ser absolutamente impreciso e disfuncional, especialmente cando non se valora a necesidade de políticas correctoras. Eu, neste momento puntual, podo dicir que me sinto compensado economicamente; pero iso non di nada sobre a xustiza estrutural do sistema: por cada persoa que coñezo que defende cos dentes o seu estatus ("yo me lo he ganado"), coñezo vintecinco que están en precario con superior valía. Claro que non faltará quen diga que a única valía que hai é facer cartos, non importa cómo, e o demais é puro ornamento.
Imaxe: kilogramo prototipo internacional (fonte)

3 comentarios:
Está claro que ninguén pode pensar xa (se é que antes o pensaba) que o capitalismo premia o mérito ou o esforzo individual...
Hai moito interese en crer iso cando un ten éxito, hai que lexitimar o gañado.
Lembroume a un libro que lin hai tempo "Manifesto contra o traballo"
Publicar un comentario